CONCERTO DOS TRIOCEROS EN VIGO O 1 DE NOVEMBRO

Ver calendario
01/11/2025 21:00 - 02/11/2025 03:00
Ocean Rock Bar Vigo
Teléfono:652 82 67 61
Dirección: Rúa Churruca, 12, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra

Para os que vos quededes con máis ganas de festa despois da noite de Halloween, o día 1 de novembro, teremos novamente na @oceanrockbarvigo a @trioceros , a banda anteriormente composta por o batería Víctor Franco (Cooltrain Band, Phantom Club, Moon Cresta, TronkaJazz Quartet...) o baixista  Manuel Alonso (Mercedes Peón, Troy Mclure, RepúblicaEuforia, Draudán, Lugnasad...) e o guitarrista e anterior voz solista Paul Fernández (The Bronxson Project, Bonustrackers, Avoid, Triangle Maker, Mr. Happy), que despois dunha tempada sen tocar volven os escenarios estreando nova formación con @inaki_white (Max & Bull, Snst, El Grito Chino) á voz e o sintetizador.

Para quen Aínda non os coñeza TRIOCEROS fai un rock orgánico, creativo e ecléctico.
TRIOCEROS é o resultado dun traballo incesante en busca dunha experiencia sonora propia, alimentada pola liberdade creativa dos 4 músicos que forman o proxecto.

Temas propios, polirritmias e mistura de composicións elaboradas e espontáneas o servizo de ambientes e sonoridades persoais.

SÁBADO 1 DE NOVEMBRO - 23:00h - 7€
NON FALTEDES!!!