CONCERTO DOS TRIOCEROS EN VIGO O 1 DE NOVEMBRO
Para os que vos quededes con máis ganas de festa despois da noite de Halloween, o día 1 de novembro, teremos novamente na @oceanrockbarvigo a @trioceros , a banda anteriormente composta por o batería Víctor Franco (Cooltrain Band, Phantom Club, Moon Cresta, TronkaJazz Quartet...) o baixista Manuel Alonso (Mercedes Peón, Troy Mclure, RepúblicaEuforia, Draudán, Lugnasad...) e o guitarrista e anterior voz solista Paul Fernández (The Bronxson Project, Bonustrackers, Avoid, Triangle Maker, Mr. Happy), que despois dunha tempada sen tocar volven os escenarios estreando nova formación con @inaki_white (Max & Bull, Snst, El Grito Chino) á voz e o sintetizador.
Para quen Aínda non os coñeza TRIOCEROS fai un rock orgánico, creativo e ecléctico.
TRIOCEROS é o resultado dun traballo incesante en busca dunha experiencia sonora propia, alimentada pola liberdade creativa dos 4 músicos que forman o proxecto.
Temas propios, polirritmias e mistura de composicións elaboradas e espontáneas o servizo de ambientes e sonoridades persoais.
SÁBADO 1 DE NOVEMBRO - 23:00h - 7€
NON FALTEDES!!!
